sábado, 2 de febrero de 2019

A CANDELORIA

Hoxe día 2 de febreiro é o día da Candeloria, tamén chamada Festa da Luz. Considérase o preludio da primavera e o renacer da natureza. Quedan aproximadamente os mesmos días para que acabe o inverno dos que xa pasaron desde que empezou esta estación. 

De acordo coa tradición, antiguamente os agricultores esperaban con expectación a chegada da Candeloria como o inicio das xornadas máis longas e máis cálidas, o que permitía aumentar a actividade e as colleitas no campo.

É considerado o día do casamento dos paxaros.

Dende o equipo de normalización lingüística queremos expresar o noso amor pola lingua facendo unha recopilación de chíos que podedes escribir neste blog facendonos chegar un comentario ou no buzón do cole. Deixamos alguns exemplos




No hay comentarios:

Publicar un comentario