miércoles, 28 de noviembre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebramos no cole o día das bibliotecas e para iso  Cloe, Martina, Helena e Lucía de sexto de primaria prepararon o contacontos A que sabe a Lúa.





Despois do conto prepararon unhas actividades que nos ensinaron días despois nas clases.
 Un mémori




 Imitar os animais do conto.





lunes, 26 de noviembre de 2018

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Durante o mes de outubro estiveron de aniversario Bruno da clase de tres anos e Elena da clase de catro anos.
 Felicidades Bruno
Xa tes tres anos!!!


 Felicidades Elena
Xa tes catro anos!!!

domingo, 25 de noviembre de 2018

A GALIÑA AZUL

O 25 de outubro asistimos a representación teatral da obra A Galiña azul dentro da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil do concello de Narón.


A compañia teatral Tanxarina fai unha adaptación da obra do mesmo nome de Carlos Casares onde nos contan a historia de Lourenzo que tiña unha galiña azul con cinco plumas vermellas no á dereira. Unha galiña moi bonita e moi rara ¡que pon ovos de cores!. Ademáis, non di "cacaracá" como as outras galiñas senón que di "cocorocó". E isto ten preocupadas ás autoridades.


















lunes, 12 de noviembre de 2018

SAÍDA A SAN SADURNIÑO

O 5 de outubro realizamos a nosa primeira saída didáctica. Nesta ocasión fomos visitar a horta de conservación de froitas Carlos Fornos e o arboreto galego da Cortiña situados no concello de San Sadurniño.
Mirade que caras de felicidade tiñamos.






















O primeiro que fixemos foi percorrer a carón do río unha senda no Arboreto Galego da Cortiña.







Durante a andaina topamos..
Niños de madeira
Lendas 

Fixémosnos unha foto coa deusa Navia. 

Árbores 


Estatuas de madeira 
Ata Pinocho.
Despois de repoñer forzas coa merenda fomos á horta de conservación de froitas. Moi atentos estivemos as explicacións que nos deron dos diferentes tipos de mazás e peras.



  





Ata puidemos probalas, estaban boísimas