lunes, 24 de diciembre de 2018

BO NADAL


ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Durante o mes de novembro estiveron de aniversario Unai da clase de catro anos e Jaime e Cayetana da clase de cinco anos.

 Felicidades Unai.
Xa tes 4 anos!!!

 Felicidades Jaime.
Xa tes 5 anos!!!

Felicidades Cayenata.
Xa tes 5 anos!!!

lunes, 17 de diciembre de 2018

RECITADO INFANTIL

Como remate da estación outonal os nenos e nenas de infantil preparamos unha mostra de outono onde interpretamos unha cantiga e recitamos un poema.
Antes da actuación tivemos que preparar os carteis anunciadores para que os nenos e nenas de primaria acudiran a biblioteca para a nosa mostra. 









Xa na biblioteca interpretamos a canción
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu Magosto.
Non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.
Castañas asadas 
e viño con mel
e a miña señora
detrás do tonel

A continuación recitamos un poema do libro Ondas de verde e azul de Ana Mª Fernández.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemórase o día contra a violencia de xénero para iso todos nós vimos vestidos de negro o luns 26.



Dentro das actividades propostas para ese día tiñamos que adornar as cintas negras da instalación con pétalos onde escribimos palabras bonitas contra a violencia como aloumiños, amor, aperta, sorriso. bico...








Cando falamos do tema na asemblea de cinco anos de maneira espontánea empezaron a cantar a canción "Déjala que baile" de Melendi e Alejandro Sanz. Esperemos que xermine nestes nenos e nenas a semente da non violencia de xénero. 

jueves, 13 de diciembre de 2018

EXPOSICIÓN DE ARTE


UN RECREO OTOÑAL

Con que poucas cousas divírtense os nenos e nenas, unhas simples follas secas.

A CASA DO RATO RENATO

Dende a Asociación cultural Apelón seguiron contándonos contos relacionados co Samaín e o Magosto, desta volta  foi A casa do rato Renato.





miércoles, 12 de diciembre de 2018

SAMAÍN E MAGOSTO

O mes de novembro comeza coa celebración do Samaín e no cole o que fixemos foi adornar a entrada coas diferentes cabazas aportadas polas familas que alumearon nesa noite. Moitas grazas a todos pola vosa participación.



Unha tradición desa data é a elaboración de colares de zonchos.







O día 2 de novembro celebramos o Magosto.

 Antes do día tivemos que decorar os cucuruchos para as castañas.




Ese día tivemos varias actividades. Dende a Asociación cultural Apelón contáronnos un conto en inglés.


Tivemos a actuación dun home orquestra.




E para rematar a xornada degustamos unhas riquísimas castañas asadas.