lunes, 27 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Antonio Fraguas Fraguas. 

Para celebrar ese día organizamos dúas instalacións, unha na entrada onde se fai referencia aos homenaxeados e especialmente as homenaxeadas. 

Na instalación temos unha estantería con libros de varios dos autores aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas e nun lateral anotamos os seus nomes e o ano no que foron homenaxeados.
















A outra instalación a realizamos no carballo do Centenario. Neste caso adornamos o seu tronco e logo colgáronse os chíos de amor pola lingua que se recolleron na Candeloria.















Outra das actividades que realizamos para festexar o Día das Letras Galegas foi a representación da nosa versión do Casamento do Piollo e a Mosca que Antonio Fraguas recolleu no Cantigueiro de Cotobade.












lunes, 20 de mayo de 2019

OS MAIOS

Promovido pola Asociación Cultural Apelón en colaboración co Concello o día 2 de maio celebramos a Festa dos Maios.
Cunha flor nas nosas mans encamiñámonos cara ao centro de Mugardos.
















Cando chegamos ao Cantón de Cora estaba a estructura para confecionar o noso Maio.



 A rodeamos e fomos colocando as flores.














Mirade que bonito nos quedou.

Pero as actividades para ese día non quedaron só en confeccionar Os Maios senón que ademáis os nenos e nenas de primaria prepararon unha danza típica.



E seguindo coa tradición, ao día seguinte elaboramos no cole uns ramiños de xestas que disque sirven para protexermos.
















Unha vez feitos fomos polas clases repartíndoos para que os puxeran nas portas para estar protexidos.