miércoles, 27 de junio de 2018

ANIVERSARIOS DE XUÑO

Durante o mes de xuño estiveron de aniversario David, Marco, Xabi e Maya. Moitas felicidades!!!


 Xa tes 5 anos!!!




 Xa tes 5 anos!!!


 Xa tes 5 anos!!!




Xa tes 4 anos!!!

Durante os meses do verán hai compañeiros e compañeiras que estarán de aniversario, moitas felicidades para todos. Cando retomemos as clases celebraremos os seus aniversarios.

lunes, 25 de junio de 2018

AS EIRUGAS

Coa chegada da primavera o ambiente da natureza non parou de ter actividade. Despois das plantas chegaron as eirugas.
Duns pequenos ovos sairon unhas diminutas eirugas.
Eran tan pequenas que para velas era necesario usar a lupa.



As eirugas só comen follas de moreira e grazas a ela de camiño van crecendo.

Os coidados básicos son mantelas limpas, cambiándolles as follas secas e limpándolle as cacas todos os días, e poñer follas frescas de moreira.





Co paso dos días a gran maioria dos ovos eclosionaron e saíronnos moitísimas eirugas.

Seguimos dándolles de comer e van incrementando o seu tamaño. 


Non fan outra cousa que comer, comer e comer.



Temos que estar moi atentos cando están quietas e coa cabeza levantada xa que eso indica que van a mudar de pel para seguir crecendo.

Cando son así de grandes xa as podemos coller con moito coidado xa que son moi delicadas. É algo que ao principio danos algo de reparo pero logo non paramos de collelas.










 Canto máis crecen máis comen ata que chega o momento de elaborar a crisalide. Fixádevos ben no seguinte video e poderedes ver a eiruga dentro do casulo.


Buscan as esquinas da caixa para facelo.





Fomos quitando os casulos para esperar que se produza a metamorfose e saian as bolboretas.
 

Como este ano a primavera foi bastante fría os ovos eclosionaron máis tarde e non nos deu tempo de ver as bolboretas pero como as profes ainda van ao cole cando chegaron hoxe atoparon unha cantas e sacáronlles estas fotos.

Agora poñerán ovos e esperaremos á proxima primavera para ver o seu ciclo vital.

viernes, 22 de junio de 2018

A MEDIDA.

No ambiente de natureza estamos a traballar coa medida. 
Unha das maneiras de ir introducindo este concepto é grazas as balanzas, temos dous tipos de balanzas.
A balanza de equilibrio onde imos colocando as diferentes tablillas ata conquerir o equilibrio.



A balanza de pesos onde imos colocando as diferentes pesas para equilibrala e introducir así o gramo como unidade de medida de masa.


Tamén traballamos o metro e o centímetro como unidades de medida de lonxitude para iso temos a mesa de medir.
A profe ensínanos como temos que facer para medir.


 Comprobamos canto medía o lazo de Paula.

E xa co metro colocado na mesa todo listo para medir. Temos unhas tarxetas cos centímetros, la, tesoiras, lapis, papel e celo. Podemos medir libremente pero sempre temos que escribir os centímetros que mide o trozo de la e pegalos nela e tamén podemos utilizar as tarxetas para buscar unha medidad determinada.







Mirade que ben o facemos.