lunes, 30 de abril de 2018

PROXECTO MENINAS. ACTIVIDADES MOTIVADORAS

Dende o comezo do curso estivemos inmersos no proxecto de centro "As Meninas" e agora toca o seu fin co cal vos ensinaremos todo o que  viñemos realizamos.

O proxecto comeza cunha instalación na entrada no cole onde un día apareceron unhas siluetas, pinceis colgados, marcos de cadros, libros de arte. Que era iso?





No mes de outubro realizamos unha excursión ao barrio de Canido en Ferrol para dar unha volta e observar as diferentes versións do cadro As Meninas de Velázquez.

















Durante o noso paseo atopamos moitas Meninas

Unhas moi grandes...


e outras moi pequenas.


O barrio enteiro está inmerso no universo das Meninas ata o mobiliario urbano presenta a forma de Menina.




Ata atopamos unha rúa con nome de Menina.

Realizamos unha boa caminata así que paramos un ratiño no parque Raiña Sofía para repoñer forzas.



E para deixar constancia da nosa visita fixémonos unha foto de grupo.



Outra actividade motivadora do proxecto foi a visita do pintor Víctor Rodríguez Espiñeira, tío de Lía.
Antes de súa visita estivemos vendo a súa obra onde aparecen varias versións das Meninas e tamén serviunos para falar das personaxes que aparecen no cadro.


 Si queredes ver a obra de Víctor Rodríguez, pinchade na foto.










  Lía foi unha auténtica especialista no cadro .

E chegou o día da visita. Victor acompañado da nai de Lia pasou polo ambiente de arte para ver as Meninas que xa estabamos realizando.

Lía encargouse de facer a presentación.

Víctor ensinounos os seus útiles de traballo...
caderno

paleta

pinceis

mandil

Ao final ensinounos a súa obra.


Como recordo dese día fixemos unha marioneta da infanta Margarita.















Outra actividade inicial do proxecto foi a de ver un video do Museo Nacional do Pardo onde se explica o cadro.