miércoles, 28 de febrero de 2018

A INCUBADORA

Durante o mes de febreiro estivemos no ambiente de natureza incubando uns ovos e agora que xa rematamos o mes vos imos contar o resultado da experiencia.

O día 1 de febreiro a profe Elvira touxo unha caixa moi rara ao cole, era unha incubadora.

Tamén trouxo uns ovos e preguntámonos que fariamos con todo iso.

Botamos un pouco de auga na caixa e con moito coidado metimos os ovos na incubadora.



Xa estaba lista para enchufala para que os ovos estiveran a unha temperatura constante.
Como tiñamos que estar esperando durante uns 21 días fixemos un calendario e fomos marcando os días que faltaban para que naceran.




Durante estos días tamén tiñanos que ver se tiñan auga e movelos.

Cando xa nos aproximabamos a data de nacemento tivemos que ir preparando o "niño" para iso a profe trouxo unha lampada especial que daba calor e unha luz vermella e nunha caixa puxemos papeis de periódico.




E chegou o día do nacemento, 23 de febreiro. 











Foi un día moi especial para nós xa que ademais celebrábamos no cole o día de Rosalía de Castro por iso chamámoslle Rosalía, dicisión que tomamos por maioría.

Agora temos que coidalo para iso todos os días temos que cambiarlle os periódicos...



Prepararlle a comida...


E ata lle damos xema de ovo.

Mirade que crecido está e non ten nin unha semana.

OS NOSOS EXPERIMENTOS

Na ambiente de natureza realizamos varios experimentos e desta ocasión fixemos un tornado. Mirade o proceso.
Precisamos de dúas botellas, facerlle un burato aos tapóns e unilos.

Enchemos unha botella con auga.

Nós  botámoslles unhas pingas de colorante para que se vise mellor e tivemos que axitar para que a auga se tinguira.







Despois unimos as dúas botellas cos tapóns e observamos o que sucede. Vemos que a auga baixa moi pouco a pouco pero cando lle damos unhas voltas fórmase o tornado e baixa máis rápido.





Si queredes podedes intentalo na casa!!!

Tamén realizamos outra experiencia que nos gustou moito que foi a de facer debuxos con bicarbonato e vinagre. Para iso botamos vinagre nuns botes.


Despois engadimos unhas pingas de colorante.









Xa temos a "pintura" 

O "papel" é un prato con bicarbonato e o "lapis" unhas xeringas. E todo listo para experimentar e facer debuxos sorprendentes, xa que observabamos que crecian un pouco e facian un ruidiño, a efervescencia.