miércoles, 30 de mayo de 2018

EDUSOLIDARIEDADE Á MUGARDESA

O pasado 25 de maio realizamos unha carreira solidaria para recoller un donativo para a ONG  Nico contra el cáncer infantil dentro da campaña edusolidariedade á mugardesa.
Foi unha xornada de convivencia no entorno do IES Mugardos e o Museo de Caldoval.
O primeiro que fixemos foi aportar os nosos donativos e despois realizamos a carreira por idades.


Rematada a carreira merendamos co avituallamento que nos deron: auga, chocolatina, leite e mazá.
Repostas as forzas, no pavillon do instituto estaban os inchables nos que disfrutamos un montón. Disculpade pola calidade das fotos pero era imposible sacarnos quietos.





lunes, 28 de mayo de 2018

AMBIENTE DE ARTE

No ambiente de arte estamos a realizar varias propostas algunhas xa as viñamos realizando e outras son novas.
Dentro das que xa realizabamos están as pizarras onde podemos utilizar os rotuladores ou tizas para facer os nosos debuxos.








Tamén seguimos facendo construccións, algunhas utilizando o libro dos edificios como modelo e outras de forma libre.








Outra das actividades que seguimos a realizar é a de pintar libremente nun papel continuo con diferentes materiais como ceras brandas, témperas...






Seguimos tendo unha zona de descanso para poder votar unha ollada a un libro ou simplemente descarsar.



Coa introducción das actividades novas o ambiente de arte se transforma. Desta volta temos unha zona de costura onde como actividade novidosa temos un tear.




Pero seguimos a facer creacións con pompóns e outros materiais.



Cosidos e colares






 trenzados


Outra zona nova é a de modelado con area cinética.







Outras zonas teñen actividades novas como a de facer creacións con teas, cortizas e tapóns.




Sempre temos posibilidade de realizar actividades plásticas libremente.







Ata si atopamos un material co que que experimentar o podemos facer como o papel burbulla. Pasámolo fenomenal intentando estoupar as burbullas.



Outra actividade novidosa é o esgrafiado que consiste en colorear con ceras brandas, despois cubrir todo con cera negra e por último facer un debuxo utilizando un elemento punzante como unha agulla de plástico.


 Mirade que bonitos quedaron.
.
Coa chegada da primavera o ambiente encheuse de actividades relacionadas coas flores.
Pintamos cadros con témperas seguindo o modelo dado.
Violetas
 Tulipáns




Coloreamos flores cunhas pinturas especiais que se chaman lapis conté.


E transformanos a entrada cun novo mural. Para iso realizamos unhas bonitas margaridas de papel. Dobrando papel como se fosen abanos, logo os dobramos polo medio e xa temos as nosas flores.


Pintamos o papel continuo



 realizamos churros de plastilina para formar os talos das flores




Pegamos unha papeis e pintamos o campo.
 Mirade que bonito quedou o noso xardín con flores.

Que mellor que ver o ambiente de arte en movimiento para iso mirade este video.