lunes, 30 de julio de 2018

ÚLTIMAS PROPOSTAS DE FACER QUE FAGO

Nos últimos meses de curso no ambiente de Facer que fago ademáis das actividades que xa viñamos realizando tamén  introducíronse outras novas.
 Bastidores


Xogo simbólico



Disfraces.

Xogando ao mémori.


Torre de equilibrios.

Facendo a cama.
Que ben feita lles quedou!!!.

A tenda, onde poden incluir máis productos e poñer prezos e ata facer ofertas.



Realizamos varias actividades de aproximación a lectoescritura. 
 
 Marcamos letras en plastilina con pezas de Lego.

Compoñemos palabras.


Utilizamos as pinzas para compoñer palabras.
Tamén utilizamos un Loto de palabras onde emparellamos imaxe con palabra. Como está escrito en mimúsculas decidimos escribir nós en maiúsculas para quen o prefira. Ademáis na ficha da imaxe tamén está escrita a palabra o que nos permite a autocorrección.

Aprendimos as horas.



Como xa sabemos poñer a mesa agora o facemos máis dificil que é servir auga e sopa sen que caia nada.




E ata fixemos zume de laranxa.





Que rico estaba!!!

E para rematar de ensinarvos todas actividades que fixemos neste ambiente durante este curso os deixamos este video.


jueves, 19 de julio de 2018

FACENDO EXPERIMENTOS

Os nenos e nenas de cinco anos realizamos un experimento relacionado co noso proxecto dos fósiles que consistía en poñer en práctica un tipo de fosilización: a conxelación, para iso conxelamos unhas cunchas.



Con esta experiencia tamén aproveitamos para comprobar como pasar un líquido a sólido grazas as baixas temperaturas do conxelador e logo, a temperatura ambiente, novamente a líquido.

Xa postos a facer experimentos tamén realizamos unha limonada e unha laranxada aproveitando que tiñamos limóns e laranxas na clase. Primeiro fixemos a limonada e para facela exprememos os limóns.




Despois mezclamos o zume con auga.

  Engadímoslle azucre
e a remexer.
Logo puxemonos a facer a laranxada.






Despois de probalos, había división de opinions: a uns gustábanos máis a limonada e a outros a laranxada.

DISFRUTANDO DA BIBLIOTECA

Dende a biblioteca de Dominicus acercámonos ao mundo do cómic.








Despois de disfrutar cos libro puxémonos a facer un cómic entre todos grazas a pizarra dixital onde fomos creando as diferentes viñetas.


 Así foi como quedou, se queredes podedes botarlle unha ollada na nosa biblioteca.