sábado, 27 de abril de 2019

UN ENTROIDO DIFERENTE

Este ano no Entroido tivemos a visita de Pablo, o pai de Candela, que nos explicou nunha charla como é o Entroido en Cadiz. Durante a súa visita estivo acompañado por Dona Fina, unha anciá que nos explicou como vivía ela esta festa na súa mocidade aquí en Mugardos..




Aquí tedes parte da súa entretida charla.Moitas grazas Pablo.


miércoles, 24 de abril de 2019

FESTA DO ENTROIDO

Unha das festas nas que máis nos divertimos é no Entroido.
Durante unha semana estamos preparando todo para o día grande da festa.
O primeiro que fixemos foi a elaboración do Meco no ambiente de arte.





O Meco xa está preparado para os seus mandados.

E nós estamos preparados para recibir as súas visitas acompañado polos nenos e nenas de primaria.










 Tamén os nenos e nenas de infantil fomos acompañando ao Meco.


Ata atopamos ao Meco do ano pasado no cuarto de Martín!!!

Como somos moi ben mandadiños cumprimos todo o que nos pediu.





Ata os nenos de cinco anos fomos máis alá nos seus mandados poñendo todos unha diadema na cabeza para que souperamos que non son cousas de nenas.

E xa estamos preparados para o gran día do Entroido.

Este ano tiñamos que disfrazarmos de oficios de mulleres ao longo da historia. Mirade que ben estabamos.



Nese día fixemos a merenda con doces típicos destas datas como orellas, freixós, rosquillas, flores...Agradecerlles as familias a súa colaboración.











E xa coas enerxías cargadas realizamos o desfile polas rúas de Mugardos.












Durante o desfile fixemos unha paradiña na casa do concello para cantarlles un pouco..



De volta das vacacións do Entroido demos por rematado a festa coa queima do Meco. 
Primeiro foi sometido a un xuizo.
Despois procedeuse a lectura do seu testamento e reparto de bens.
Por último cumpriuse a sentenza e foi queimado.