viernes, 22 de septiembre de 2017

O TROCO

O primeiro que queremos facer é darvos as grazas pola vosa colaboración. Como sabedes temos na entrada do cole un lugar de intercambio de material, ao longo destes días fúchedes traendo moitas cousas das que estaban na lista do troco pero temos que ir actualizando esta lista.


martes, 19 de septiembre de 2017

BENVIDOS!!!

As mestras de educación infantil do C.E.I.P. Unión Mugardesa danvos a benvida a todos e a todas a este novo blog que nace para compartir as experiencias que fagamos no cole.

 Xa rematamos a primeira semana que estivo chea de moitas novidades, para os nenos e nenas de tres anos foi a súa primeira experiencia no "cole de maiores" e para os de catro e cinco anos foi moi especial o de que cada clase se transformase nun ambiente.

O primeiro día os nenos e nenas de tres anos estiveron  xogaron no ambiente da casiña e no de natureza.














Algúns nenos estiveron  acompañados polas súas irmáns.


Ao final tocou recoller todo e limpar o que manchamos.


O segundo día os nenos e nenas xa elexiron os ambientes aos que ir. No ambiente de arte fixeron:

Barro


Pintura



Modelado con plastilina


Construccións

Debuxos


Lectura de libros

Da gusto velos  como se organizan 



Ao final toca recoller e deixalo todo limpo.



No ambiente  da casiña fixeron:
Maquillaxe 


Contos

Tenda

A casiña


No ambiente de natureza xogaron con:
Auga

Area

Cunchas, pedriñas e botóns

Coches, tren e bloques de madeira


O terceiro día algúns cambiaron de ambiente e outros decidiron seguir no mesmo.







Mirade con que tranquilidade están no ambiente de arte.





O cuarto día non tivemos ambientes porque os xoves temos inglés.

E xa para rematar a nosa primeira semana de cole queda que vos ensinemos o que fixemos o venres.
Ambiente da casiña




 Ambiente de arte













Deixámosvos outro video do ambiente de arte


Neste ambiente temos un montón de traballo á hora de recoller pero todos e todas axudamos.


Ambiente de natureza











Como podedes comprobar ao longo da semana foron descubrindo diferentes actividades que realizar nos distintos ambientes. Xa vos seguiremos contando as nosas experiencias.