lunes, 22 de enero de 2018

MIRADE O QUE FACEMOS

No ambiente de Facer que fago realizamos moitas actividades que nos axudan a motricidade fina como abrochar, enroscar e desenroscar, facer novelos de la....Mirade como practicamos.








Tamén realizamos actividades onde precisamos da axuda dos maiores.




E actividades que facemos sós.


Ata propoñemos nós a actividade como a de clasificar por cores as letras e números na pizarra.

jueves, 18 de enero de 2018

XACEMENTO DO CALDOVAL

O pasado venres 12 de xaneiro aproveitando que o tempo deu unha tregua fixemos unha saída didáctica ao Museo Caldoval





Alí dividímonos en dous grupos, mentres uns ían ao museo outros realizabamos un taller de pintura onde fixemos varios murais con moivos marítimos propios dos balnearios.












Antes de entrar no Museo explicáronnos un pouco a onde nos dirixiamos xa que hai que adentrarse por un tunel ata chegar ao xacemento que se atopa baixo a terra.


Seguimos moi atentos as explicacións.











Sabedes a que lle decimos adeus?

Pois despedímosnos de Cornelio, o holograma que nos explica como eran as instalacións.
Gustounos moito a experiencia. Si queredes podedes consultar actividades no facebook do museo. Clicade na imaxe e iredes a súa páxina.
La imagen puede contener: texto


miércoles, 17 de enero de 2018

CELEBRACIÓN DO NADAL

O día 21 de decembro celebramos no cole a festa de Nadal. Como era un día especial viñemos vestidos como requería a ocasión. Mirade que guapos e guapas.







Foi un día cheo de actividades. Unha que nos gusta moito é a de cantar panxoliñas e desta volta déronnos un agasallo por facelo, O Aguinaldo.




Os maiores tamén nos cantaron panxoliñas e recibiron o seu correspondente Aguinaldo.










Despois de tanto canto seguimos co teatro dos nenos e nenas de relixión que nos fixeron pasar un bo rato coa obra "Las tres Reinas Magas".



Chegou a hora de merendar e fixemos unha merenda especial con turrón, polvoróns e améndoas recheas. Que rico todo!!!











Xa  coas pilas cargadas chegou o momento das badaladas e o baile.






Como festa que se precie non podía faltar a Muiñeira de Chantada.


Para rematar a xormada recibimos a visitas mais esperada a das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, mirade que cariñas de emoción tiñan.





























Foi unha xornada cargada de emocións e nerviosismo.