miércoles, 27 de febrero de 2019

MANDADOS DO MECO III


MAÑÁ XOVES TERÁS QUE LEVAR
CABEZA DECORADA, CARA TUNEADA,
E UN BONITO E CÓMODO PIXAMA

martes, 26 de febrero de 2019

MANDADOS DO MECO II





MAÑÁ MÉRCORES TERÁS QUE TRAER
CABEZA DECORADA E CARA TUNEADA
DE BOLBORETA, DE LEÓN OU DE FADA...
CON ANTIFAZ, CON CARAUTA OU MAQUILLADA.

lunes, 25 de febrero de 2019

MANDADOS DO MECO

COMEZA O ENTROIDO
CO MECO MANDÓN
ESCOITADE ATENTOS
E CON ATENCIÓN.

DURANTE ESTA SEMANA 
TERÁS QUE TRAER
OS MANDADOS QUE O SR. PUF 
VAI POÑER.

MAÑÁ NA CABEZA 
ALGO TERÁS QUE TRAER
SOMBREIROS, FLORES,
O QUE POLA CASA ATOPES.

SE A SR. PUF NON QUERES ANOXAR
RECORDA O QUE TES QUE LEVAR.

viernes, 22 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemórase o día escolar da paz e a non violencia. Nesta ocasión a profe Ana e os seus alumnos contáronnos a historia de Sadako e os mil grous, versión do libro de Elsa Bornemann.







Todo o cole axudou a facer un montón de grous e os de infantil tamén.


Este ano para traballar o día da paz falamos nas aulas das guerras e do malas que son para a xente e fixámonos na figura dunha muller mugardesa que foi fusilada durante a Guerra Civil, Amada García. Todo o cole aprendeu un rap adicado a ela.

Os nenos e nenas de infantil fixemos no ambiente de arte a nosa versión do cuadro Retrato de Adele Bloch-Bauer  I de Gustav Klimt adicado a Amada García.

























Unha vez rematado o colocamos na entrada do cole onde hai varios traballos sobre Amada feitos polos nenos e nenas de primaria.








domingo, 10 de febrero de 2019

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Durante o mes de xaneiro estiveron de aniversario Javier  e Jorge da clase de tres anos, Adrián da clase de catro anos e Uxío, Juan, Aldara e Valeria da clase de cinco anos.

 Felicidades Javier.
Xa tes 4 anos!!!



Felicidades Jorge.
Xa tes 4 anos!!!


Felicidades Adrián.
Xa tes 5 anos!!!

 Felicidades Uxío.
Xa tes 6 anos!!!

  Felicidades Juan.
Xa tes 6 anos!!!

  Felicidades Aldara.
Xa tes 6 anos!!!

 Felicidades Valeria.
Xa tes 6 anos!!!