domingo, 10 de febrero de 2019

ANIVERSARIOS XANEIRO

Durante o mes de xaneiro estiveron de aniversario Javier  e Jorge da clase de tres anos, Adrián da clase de catro anos e Uxío, Juan, Aldara e Valeria da clase de cinco anos.

 Felicidades Javier
Xa tes 4 anos!!!


Felicidades Jorge
Xa tes 4 anos!!!


Felicidades Adrián.
Xa tes 5 anos!!!

 Felicidades Uxío.
Xa tes 6 anos!!!

  Felicidades Juan.
Xa tes 6 anos!!!

  Felicidades Aldara.
Xa tes 6 anos!!!

 Felicidades Valeria.
Xa tes 6 anos!!!

lunes, 4 de febrero de 2019

TEATRO: BURBUJAS DE PAPEL

O pasado día 30 de xaneiro asistimos na Afundación, Obra Social ABANCA a unha representación de teatro-danza da compañía Múcab Dans titulada "Burbujas de papel" gañadora do premio ao mellor espectáculo familiar 2014 na Feira de Teatro de Castela-León.
Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga desde a imaxinación d@ nen@ para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece unha fada falcatrueira que o axudará a conseguir o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo. 


















Tivemos a sorte de estar moi preto dos artistas. En primeira  fila!!. Ao rematar o espectáculo Roger falou un ratiño con nós.





Como chovía un pouco, mentres esperabamos polo autobús subímonos ao Palco da Música para cantar o Rap de Amada García que o tiñamos preparado para ese Dia da Paz

sábado, 2 de febrero de 2019

A CANDELORIA

Hoxe día 2 de febreiro é o día da Candeloria, tamén chamada Festa da Luz. Considérase o preludio da primavera e o renacer da natureza. Quedan aproximadamente os mesmos días para que acabe o inverno dos que xa pasaron desde que empezou esta estación. 

De acordo coa tradición, antiguamente os agricultores esperaban con expectación a chegada da Candeloria como o inicio das xornadas máis longas e máis cálidas, o que permitía aumentar a actividade e as colleitas no campo.

É considerado o día do casamento dos paxaros.

Dende o equipo de normalización lingüística queremos expresar o noso amor pola lingua facendo unha recopilación de chíos que podedes escribir neste blog facendonos chegar un comentario ou no buzón do cole. Deixamos alguns exemplos




jueves, 31 de enero de 2019

FRONTEIRAS

O alumnado e profesorado está a desenvolver un proxecto de centro chamado "A NOSA HISTORIA". Dentro del existe un proxecto menos ambicioso chamado "IMPRESCINDÍBEIS", que quere tender pontes cara á igualdade.

Como sempre, querémosvos facer partícipes do noso traballo, por iso, nos gustaría que gozásedes, coma nós, da visualización do vídeo "FRONTEIRAS", no que participou a totalidade do alumnado.

miércoles, 30 de enero de 2019

OS REISEIROS

Unha actividade que fixemos polo Nadal foi a de intentar recuperar a figura dos Reiseiros. É unha tradición que nace na comarca do Courel que se veu interrumpida na Guerra Civil e que hoxe, non se esforzo, preténdese recuperar.Consiste nun conxunto musical que percorre a parroquia de casa en casa durante a noite de Reis. O seu obxectivo era recadaren o aguinaldo para poder facer unha festa e quizais repartir algúns cartos, para iso deberian interpretar unhas cantarelas.

A nosa versión dos Reiseiros consistiu en ir polas aulas cantando e recollendo o aguinaldo. Todos os productos optidos foron doados a Cáritas que agradaceu a todas as familias as súas aportacións.