lunes, 4 de febrero de 2019

TEATRO: BURBUJAS DE PAPEL

O pasado día 30 de xaneiro asistimos na Afundación, Obra Social ABANCA a unha representación de teatro-danza da compañía Múcab Dans titulada "Burbujas de papel" gañadora do premio ao mellor espectáculo familiar 2014 na Feira de Teatro de Castela-León.
Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga desde a imaxinación d@ nen@ para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece unha fada falcatrueira que o axudará a conseguir o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo. 



















Tivemos a sorte de estar moi preto dos artistas. En primeira  fila!!. Ao rematar o espectáculo Roger falou un ratiño con nós.





Como chovía un pouco, mentres esperabamos polo autobús subímonos ao Palco da Música para cantar o Rap de Amada García que o tiñamos preparado para ese Dia da Paz

No hay comentarios:

Publicar un comentario