jueves, 31 de enero de 2019

FRONTEIRAS

O alumnado e profesorado está a desenvolver un proxecto de centro chamado "A NOSA HISTORIA". Dentro del existe un proxecto menos ambicioso chamado "IMPRESCINDÍBEIS", que quere tender pontes cara á igualdade.

Como sempre, querémosvos facer partícipes do noso traballo, por iso, nos gustaría que gozásedes, coma nós, da visualización do vídeo "FRONTEIRAS", no que participou a totalidade do alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario