miércoles, 21 de marzo de 2018

XOGAMOS COS NÚMEROS

No ambiente de Natureza realizamos varias actividades relacionadas cos números coas que dunha forma lúdica os aprendemos.
Temos números de lixa que nos axudan dunha maneira sensorial a realizar a grafía do número.


Tamén cos números de lixa xogamos a adivinalos cos ollos tapados.







Outra maneira de realizar a grafía dos números é utilizando as tarxetas,

ou as plantillas 



Coas tablillas dos números de lixa e a mesa de luz tamén realizamos as grafías cos cristais de cores.




A mesa de luz axúdanos a asociar os números e a súa grafía.

Contamos con outro material co que realizamos diferentes conteos, de dous en dous, de cinco en cinco,,, é a táboa dos números.






Outra actividade relacionada cos números é a utilización das regletas e pluzzes de sumas.



Os xogos tradicionais do Parchís e da Oca sírvennos para seguir aprendendo cos números.



Realizamos asociaciones da cantidade coa grafía grazas as tarxetas.


Ou facemos clasificacións agrupando os numeros.
Como vedes os números dannos moito xogo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario