domingo, 25 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo ademais de dar comezo unha nova estación do ano, a primavera tamén celebramos o día da Poesía.
Ese día cando chegamos ao cole atopamos a entrada con poesías feitas pola ANPA nun obradoiro realizado o día anterior.




Gustáronnos  tanto as poesías que alí había que ata aprendimos unha.

Iso non foi todo, cos maiores realizamos unhas carreiras de relevos moi especiais.

Nun lado da pista estabamos nós encargados de ter a poesía completa.








No outro lado da pista estaban os maoires preparados para escribir as poesías pero cada membro do equipo tiña que ir onda nós buscar o verso correspondente, recordalo e por último decirllo ao que tiña que escribila. 

Preparados, listos, xa.... comeza a carreira de relevos de versos.



 

















Cando remataban había que realizar a correspondente comprobación para saber si estaban ben ou non.


Algúns grupos ata tiveron tempo de decorar as súas poesías.


Foi unha actividade moi divertida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario