miércoles, 15 de mayo de 2019

OLIMPIADAS DE XOGOS TRADICIONAIS.

Despois de aprender e practicar nas sesións de psicomotricidade diferente tipos de xogos tradicionais xa estabamos preparados para participar nas I Olimpiadas de Xogos Tradicionais na Educación Infantil.
Comezaron estas Olimpiadas co traslado dos xogos á pista polideportiva.

Unha vez alí  os maoires leron os carteis dos diferentes xogos.








Despois tivemos que explicar os diferentes xogos ás profes.
Xogo dos zancos.


Xogo  tiro á corda.

Xogo carreira de sacos.
Xogo dos aros.

Xogo salto á corda.

Xogo da pita cega.

Unha vez feitas as explicacións chegou o tempo da competición.
Os nenos e nenas de tres anos a iniciamos cunha carreira de zancos.




A segunda proba consistiu nunha carreira de sacos protagonizada polos nenos e nenas de catro anos.



Para finalizar esta competición os nenos e nenas de cinco anos realizamos un disputadísimo tiro á corda.



Foi unha xornada moi divertida. Todos fomos gañadores e recibimos a correspondente medalla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario