miércoles, 1 de mayo de 2019

EU SON IMPRESCINDIBLE!

"Houbo un tempo onde o mundo afectivo era únicamente patrimonio das mulleres..."

Gustaríanos que esta frase fora o inicio dunha historia na que a igualdade fose efectiva e real.


Dende o cole iniciamos un pequeno proxecto baixo o título; "Eu son imprescindible". Porque o cariño non ten que ver con pertencer a uno ou outro sexo; os homes tamén son quen de mostrar actitudes que tradicionalmente sempre foron vencelladas á muller. Queremos mostrar a parte mais afectiva que tódolos homes teñen.... que é imprescindible que teñan!

Para darlle sentido as familias participáchedes activamente enviándonos fotografías, nas que se mostraban como os protagonistas de actividades relacionadas cos coidados e a afectividade en xeral. Con este material elaborouse unha exposición que esperamos que vos gustara.











No hay comentarios:

Publicar un comentario