miércoles, 8 de mayo de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS

O Día das Artes Galegas é unha celebración instaurada pola Real Academia Galega de Belas Artes no ano 2015 e que se vén celebrando todos os 1 de abril. O motivo de escoller ese día é que coincide co que o Mestre Mateo, no ano 1188, colocou as pezas de pedra, os linteis, que coroaban o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Durante estes anos foron recoñecidos no Día das Artes Galegas o propio Mestre Mateo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Maruxa Mallo e ao arquitecto Alejandro de la Sota. Este ano, concédeuselle a honra ao pintor, debuxante, gravador e escritor galego, Luís Seoane. 

Nós para conmemorar ese día estivemos traballando no ambiente de arte un cadro de Luís Seoane titulado As Mariscadoras.








Este debuxo ten un poema asociado que traballamos no ambiente de Facer que fago.

Unha vez aprendido fixemos unha representación na biblioteca durante o recreo de Primaria para aqueles nenos e nenas que quixeran acudir.



No hay comentarios:

Publicar un comentario