miércoles, 24 de abril de 2019

FESTA DO ENTROIDO

Unha das festas nas que máis nos divertimos é no Entroido.
Durante unha semana estamos preparando todo para o día grande da festa.
O primeiro que fixemos foi a elaboración do Meco no ambiente de arte.





O Meco xa está preparado para os seus mandados.

E nós estamos preparados para recibir as súas visitas acompañado polos nenos e nenas de primaria.










 Tamén os nenos e nenas de infantil fomos acompañando ao Meco.


Ata atopamos ao Meco do ano pasado no cuarto de Martín!!!

Como somos moi ben mandadiños cumprimos todo o que nos pediu.





Ata os nenos de cinco anos fomos máis alá nos seus mandados poñendo todos unha diadema na cabeza para que souperamos que non son cousas de nenas.

E xa estamos preparados para o gran día do Entroido.

Este ano tiñamos que disfrazarmos de oficios de mulleres ao longo da historia. Mirade que ben estabamos.



Nese día fixemos a merenda con doces típicos destas datas como orellas, freixós, rosquillas, flores...Agradecerlles as familias a súa colaboración.











E xa coas enerxías cargadas realizamos o desfile polas rúas de Mugardos.












Durante o desfile fixemos unha paradiña na casa do concello para cantarlles un pouco..



De volta das vacacións do Entroido demos por rematado a festa coa queima do Meco. 
Primeiro foi sometido a un xuizo.
Despois procedeuse a lectura do seu testamento e reparto de bens.
Por último cumpriuse a sentenza e foi queimado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario