miércoles, 3 de abril de 2019

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

O día 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro pois é a data do seu nacemento.
No cole preparamos o poema A beira do mar onde fala dunha festa que se celebra no concello de Mugardos na parroquia do Seixo. O luns 25 xuntámonos todos no patio e cantamos o poema.










Fixemos tamén outro traballo colectivo. O poema ten nove estrofas e cada curso preparou unha e dornamos as nosas portas facendo a nosa vesión do cartaz da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que son os que dende o 2010 propoñen celebrar este día.
Despois dende a biblioteca do centro elaborouse un video onde falabamos  desta estancia de Rosalía por Mugardos

No hay comentarios:

Publicar un comentario