viernes, 22 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemórase o día escolar da paz e a non violencia. Nesta ocasión a profe Ana e os seus alumnos contáronnos a historia de Sadako e os mil grous, versión do libro de Elsa Bornemann.







Todo o cole axudou a facer un montón de grous e os de infantil tamén.


Este ano para traballar o día da paz falamos nas aulas das guerras e do malas que son para a xente e fixámonos na figura dunha muller mugardesa que foi fusilada durante a Guerra Civil, Amada García. Todo o cole aprendeu un rap adicado a ela.

Os nenos e nenas de infantil fixemos no ambiente de arte a nosa versión do cuadro Retrato de Adele Bloch-Bauer  I de Gustav Klimt adicado a Amada García.

























Unha vez rematado o colocamos na entrada do cole onde hai varios traballos sobre Amada feitos polos nenos e nenas de primaria.








No hay comentarios:

Publicar un comentario