lunes, 28 de enero de 2019

UN NOVO ANO

Comezamos o ano 2019 ensinándos as actividades que fixemos nos últimos días de clase do ano 2018.

Para felicitar as festas que mellor que enviar as nosas casas unha postal. Esperemos que chegaran todas.
Cada un de nós adornou a súa,


e despois fomos a botalas ao buzón de correos que temos xunto a porta do cole.
















Outra das actividades que fixemos foi participar no reto matemático que nos propuxo Dominicus. Na biblioteca había unha árbore de nadal adornada con caixas que dentro tiñan os diferentes retos para resolver.





Tamén asistimos ao contacontos que as nenas de sexto Carlota, Enar, Nerea e Martina
prepararon do conto O Apalpador.


Aprendimos o none de diferentes autores como Castelao, Leandro Lamas, Xaquín Marín, O Greco... que realizaron obras de arte relacionadas co Nadal grazas ao xogo de pistas que estaba situado nas escaleiras.





Asistimos a varios concertos de panxoliñas na aula de música dos nenos e nenas de Primaria. Ata recibimos algunha que outra clase pola súa parte.



Gústamos moito o de facer obradoiros de cociña e para esta ocasión elaboramos un batido de turrón.
Precisamos dúas tabletas de turrón brando que coa axuda dun garfo fomos desfacendo.


Necesitamos un vaso de tona para cociñar,
 e outro vaso de leite enteiro
 Como se nos caeu un pouco de camiño limpamos a mesa

O seguinte paso foi engadir o leite e a tona ao turrón e mesturalo.


Precisamos dunha batedora para que quedase máis fino.

Unha vez listo metémolo na neveira para tomalo ben frío.

Asistimos a exposición de arte que a profe Pili organizou con todos os nosos traballos realizados durante o primeiro trimestre no ambiente de arte.






 Agradecemos a asistencia dos nosos familiares a dita exposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario