jueves, 19 de julio de 2018

FACENDO EXPERIMENTOS

Os nenos e nenas de cinco anos realizamos un experimento relacionado co noso proxecto dos fósiles que consistía en poñer en práctica un tipo de fosilización: a conxelación, para iso conxelamos unhas cunchas.



Con esta experiencia tamén aproveitamos para comprobar como pasar un líquido a sólido grazas as baixas temperaturas do conxelador e logo, a temperatura ambiente, novamente a líquido.

Xa postos a facer experimentos tamén realizamos unha limonada e unha laranxada aproveitando que tiñamos limóns e laranxas na clase. Primeiro fixemos a limonada e para facela exprememos os limóns.




Despois mezclamos o zume con auga.

  Engadímoslle azucre
e a remexer.
Logo puxemonos a facer a laranxada.






Despois de probalos, había división de opinions: a uns gustábanos máis a limonada e a outros a laranxada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario