domingo, 17 de junio de 2018

COUSA DE NÚMEROS

Como sabedes no ambiente de natureza  realizamos varias actividades para aproximarmos aos números. Unhas xa as coñecedes pero outras son novas e queremos ensinalas.
Traballamos a grafía dos números gracias ás chinchetas. Temos que facer o número cravando varias chintetas.











Tamén realizandos as grafías cos rotuladores nas fichas plastificadas.

Outras das actividades que facemos é a de contar e relacionar a cantidade coa grafía.Para iso temos a caixa dos tapóns.




Na caixa dos tapóns temos varias propostas como a de poñer o número seguinte.

Outra maneira de relacionar a grafía e a cantidade é cos vasos de cores na mesa de luz. Desta volta o que tiñamos que facer era introducir garavanzos nos vasos tendo en conta o número que tiñan. Primeiro o fixemos na asemblea e....





...logo na mesa de luz.








Ademáis de contar tamén ordenamos xa que primeiro temos que colocar os vasos e logo poñer os garavanzos.
Tamén podemos ir ordenando cando poñemos os garavanzos.

E si queremos facelo máis dificil poñemos os vasos desordenados e temos que buscar o número correspondente e despois volvelos a ordenar.

Outra maneira máis de relacionar a grafía e o número é coas pinzas. Con esta actividade tamén estamos a traballar a prensión. Temos dous tipos de pinzas unhas pequenas e outras grandes para graduar a dificultade.














Outra actividade deste tipo pero con maior dificultade é na que teñen que contar e despois identificar o número entre tres posibilidades.






Como vedes con todas estas actividades estamos contando pero tamén o facemos sin relacionalo coa grafia como fan no video.

Otra das actividades novedosas é a de realizar sumas, para iso colocalos pinzas dun color nun lado e de outro color no outro e ao final escribimos o resultado.
















Tamén realizamos sumas coa caixa dos tapóns.


Unha das actividades que xa realizabamos antes era a de adivinar os número lixa.



 Tamén xogamos a adivinar o número de dedos.
Fixemos unha variación na proposta de adivinar o número que é escribirlo na caixa de sémola cos ollos tapados.


E como xa somos uns expertos o complicamos un pouco máis.


Outra nova proposta  no ambiente relacionada cos números é os túneles onde teñen que pasar a bola polos túneles do 1 ao 15.







Gústamos moito xogar coa recta numérica.



No ambiente de natureza xogamos cos números facendo unhas matemáticas divertidas grazas ao método ABN (Algoritmo aberto Baseado en Números) que desarrolla a competencia matemática de forma sencilla e natural, a partir da experimentación e o aprendizaxe manipulativo pero tamén o facemos nas clases.





































No hay comentarios:

Publicar un comentario