martes, 1 de mayo de 2018

PROXECTO MENINAS. ACTIVIDADES

As actividades motivadoras leváronnos a ter moitas ganas de facer as nosas propias Meninas.
A primeira proposta foi a de facer un collage.








Como sabedes gústamos moito que os maiores axuden aos pequenos como Alba axudou a Sofía Durán por iso saen as dúas coa súa obra na foto anterior ou Paula axudou a Jimena explicándolle como tiña que facer para pegar o papel que anteriormente lle recortou, como podedes ver no seguinte video.


Outra proposta foi a de pintar a infanta Margarita tendo o modelo diante.






 Ou facéndoo libremente.

Tamén fixemos unha reproducción do cadro con acuarelas.


E pintamos unhas mandalas.


Outra das propostas foi a de facer unha Menina con barro.
Para iso primeiro modelaron as pezas que formaban as súas Meninas.


Despois as pegaron.








 Logo botáronlle Alkil para que collera consistencia. 



Cando xa estiveron secas tocou o momento de que cada un a decorara segundo os seus gustos.



 E este foi o resultado final.

Tamén fixemos Meninas con pedras.





E para rematar o proxecto decidimos facer unha Menina con cunchas.



Pegándolle o pelo que é de papel.
 Medindo paos para elexir o máis longo para facer os brazos.


 Mirade que bonita lles quedou.

E tamén unha Menina máis grande feita con botellas.
Para facela tiveron que escoller teas,

 recortalas.
 Facer pinzas nas teas para adaptalas ao corpo da Menina.
 Para facer as mans colleron de modelo as de Paula.
 Pegaron papeis para facerlle o pelo

e por último colocáronlle algúns detalles.



Os nenos e nenas de cuarto viñeron a facermos unha visita explicándonos o cadro e o tipo de vestimenta que tiñan os personaxes que aparecen nel. 




 Ensináronnos o que tiña por debaixo do vestido tan voluminoso a Infanta Margarita que era unha estructura de metal chamada gardainfantes.




Os alumnos de primaria tamén realizaron actividades con robots facendo percorridos por un taboleiro para ir a unha imaxe determinada do cadro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario