lunes, 28 de mayo de 2018

AMBIENTE DE ARTE

No ambiente de arte estamos a realizar varias propostas algunhas xa as viñamos realizando e outras son novas.
Dentro das que xa realizabamos están as pizarras onde podemos utilizar os rotuladores ou tizas para facer os nosos debuxos.








Tamén seguimos facendo construccións, algunhas utilizando o libro dos edificios como modelo e outras de forma libre.








Outra das actividades que seguimos a realizar é a de pintar libremente nun papel continuo con diferentes materiais como ceras brandas, témperas...






Seguimos tendo unha zona de descanso para poder votar unha ollada a un libro ou simplemente descarsar.



Coa introducción das actividades novas o ambiente de arte se transforma. Desta volta temos unha zona de costura onde como actividade novidosa temos un tear.




Pero seguimos a facer creacións con pompóns e outros materiais.



Cosidos e colares






 trenzados


Outra zona nova é a de modelado con area cinética.







Outras zonas teñen actividades novas como a de facer creacións con teas, cortizas e tapóns.




Sempre temos posibilidade de realizar actividades plásticas libremente.







Ata si atopamos un material co que que experimentar o podemos facer como o papel burbulla. Pasámolo fenomenal intentando estoupar as burbullas.



Outra actividade novidosa é o esgrafiado que consiste en colorear con ceras brandas, despois cubrir todo con cera negra e por último facer un debuxo utilizando un elemento punzante como unha agulla de plástico.


 Mirade que bonitos quedaron.
.
Coa chegada da primavera o ambiente encheuse de actividades relacionadas coas flores.
Pintamos cadros con témperas seguindo o modelo dado.
Violetas
 Tulipáns




Coloreamos flores cunhas pinturas especiais que se chaman lapis conté.


E transformanos a entrada cun novo mural. Para iso realizamos unhas bonitas margaridas de papel. Dobrando papel como se fosen abanos, logo os dobramos polo medio e xa temos as nosas flores.


Pintamos o papel continuo



 realizamos churros de plastilina para formar os talos das flores




Pegamos unha papeis e pintamos o campo.
 Mirade que bonito quedou o noso xardín con flores.

Que mellor que ver o ambiente de arte en movimiento para iso mirade este video.




No hay comentarios:

Publicar un comentario