sábado, 24 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro, promovido pola asociación de escritoras e escritores en lingua galega, conmemoramos o aniversario do nacemento da escritora Rosalia de Castro.
Nesta ocasión o lema é abride a friestra e como podedes comprobar temos as fiestras do cole cheas de poemas de Rosalía.







Na entrada tamén temos traballos referidos a escritora galega.


Nós no ambiente de arte decoramos con xiz mollado o retrato de Rosalía ao estilo de Andy Warhol.



 A asociación cultural Apelón propúxonos realizar un roteiro  poético buscando na xeografíade Mugardos diferentes poemas de Rosalía.
O primeiro que atopamos foron as campás da igrexa.



Aos pés do campanario o nenos e nenas de primeiro recitaron o poema Campanas de Bastavales.


Seguimos o noso percorrido polas rúas de Mugardos buscando un Moucho.








E o atopamos dous nuns tellados.


Os nenos e nenas de infantil cantamos a canción do Moucho.

Agora tocaba atopar unha fonte e foi no paseo marítimo onde estaba.







Aquí os nenos e nenas de segundo recitaron Adiós ríos, adiós fontes.

Tiñamos que seguir buscando e desta volta era unha Virxe do Carme e a atopamos moi preto da fonte.
Aos pés da Virxe os nenos e nenas de primeiro e segundo recitaron o poema Virxe do Carme.



Despois de tanto percorrido fomos ao parque a merendar e a que non sabedes onde estaba?...

Pois na rúa Rosalia de Castro. Aqui repuxemos forzas e xogamos un rato.






















Xa de camiño de volta atopamos algo máis relacionado con Rosalía.


Tamén atopamos ...

Como podedes ver Mugardos ten moitas cousas relacionadas con Rosalía de Castro. Non deixedes de seguir buscando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario