domingo, 4 de febrero de 2018

DIA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da non violencia e a paz para iso realizamos entre todos os nenos e nenas unha mandala no patio cuberto.

Uns días antes da celebración organizamos un obradoiro de pintura para decorar as pedras que precisabamos para facelo. Como a gripe fixo que moitos dos nenos e nenas non puiden pintar a súa pedra os que viñeron ao cole pintaron para os demáis co cal fomentamos a colaboración entre todos.











 Que bonitas quedaron!!!


Foi unha actividade que lles gustou moito e que realizaron moi concentrados. Mirade.


Xa o día 30 confeccionamos a mandala. Collimos unha pedra e a pegamos.







Mirade como foi transformándose



Este é a parte da mandala que fixemos nós.


Como había máis pedras que fixeron os maiores e eran moi grandes pera pegalas na parede  pegáronse na canastra.


E como non hai festa se non hai música bailamos a canción da paz de Mama Cabra.


Tamén realizamos varias mandalas e pombas da paz para decorar a entrada do cole e as fiestras.









No hay comentarios:

Publicar un comentario