miércoles, 17 de enero de 2018

CELEBRACIÓN DO NADAL

O día 21 de decembro celebramos no cole a festa de Nadal. Como era un día especial viñemos vestidos como requería a ocasión. Mirade que guapos e guapas.







Foi un día cheo de actividades. Unha que nos gusta moito é a de cantar panxoliñas e desta volta déronnos un agasallo por facelo, O Aguinaldo.




Os maiores tamén nos cantaron panxoliñas e recibiron o seu correspondente Aguinaldo.










Despois de tanto canto seguimos co teatro dos nenos e nenas de relixión que nos fixeron pasar un bo rato coa obra "Las tres Reinas Magas".



Chegou a hora de merendar e fixemos unha merenda especial con turrón, polvoróns e améndoas recheas. Que rico todo!!!











Xa  coas pilas cargadas chegou o momento das badaladas e o baile.






Como festa que se precie non podía faltar a Muiñeira de Chantada.


Para rematar a xormada recibimos a visitas mais esperada a das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, mirade que cariñas de emoción tiñan.





























Foi unha xornada cargada de emocións e nerviosismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario