lunes, 18 de diciembre de 2017

MAIS ACTIVIDADES EN NATUREZA

Os ambientes están cheos de propostas e actividades que realizar. As veces son os propios nenos e nenas os que nos traen as súas propostas  como Martina Tuñez que nos trouxo uns fósiles e Uxio que aportou unha gran cuncha.



Deuse a casualidade que cando Martina trouxo o fósil a Profe Elvira trouxera unha mantis relixiosa para que a observaran.


Otras das actividades que realizamos foi a de facer puzzles de goma eva. Temos que ter moito coidado porque teñen pezas moi pequenas.






Unha das propastas que máis nos gustan son a de facer mandalas con diferentes materiais.







Tamén nos gusta xogar cos geoplanos e facer simetrías no espello.


Mirar os libros de natureza é moi entretido.


E podemos pasar un bo rato xogando coa árbore musical.




No hay comentarios:

Publicar un comentario