viernes, 1 de diciembre de 2017

ARTE

No ambiente de arte realizamos varias propostas relacionadas co Samaín. Pintamos con pinturas fluorescentes esqueletes, cabazas, pantasmas, follas para despois diseñar uns murais terroríficos.


 
Cando xa tiñamos todo decorado fixemos unha experiencia que na foto non de aprecia pero consistia en entrar na aula coas persianas baixas e apagar as luces, podiamos ver o efecto da pintura nos debuxos.

Coma nos gustaron moito as pinturas fluorescente seguimos pintando para facer uns móviles.


Os nenos e nenas maoires axudaron a recortar e montar os moviles




Mirade que chulos nos quedaron


Tamén pintamos follas secas para transformalas en pantasmas.





Outra actividade coas follas secas foi a de decoralas con diferentes materiais: plumas,botóns, la...



 Mirade o resultado



Outra proposta deste ambiente foi pintar e debuxar con rotuladores nas pizarras.




Vos acordades das pedriñas que pintamos fai un tempo? Pois agora as utilizamos para facer percorridos ou unha Menina.








Tivemos momentos de facer construccións.


A profe ensinounos un libro onde podianos facer animais de plastilina e pedras.






Tamén xogamos libremente con ela.


Unha das cousas que máis nos gusta facer é pintar e debuxar así como facer diferentes composicións con recortes.















No hay comentarios:

Publicar un comentario