sábado, 25 de noviembre de 2017

DÍA DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA

O 20 de novembro é o Día internacional dos dereitos da infancia. É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
O concello de Mugardos organizou unha xuntanza de todos os nenos e nenas do coles dos concello.






Mediante o xogo (un dos dereitos do neno) aprendimos o dereito a igualdade. Cun paracaidas todos xuntos tentabamos que subise e despois metiámonos dentro.







Os nenos e nenas de primeiro tiveron que realizar un percorrido cunhas gafas que distorsionaban a realidade e era bastante difícil non caerse por iso necesitaron axuda. Eles traballaron o dereito a non discriminación.















Os nenos e nenas de segundo comprobaron o difícil que resultaba transportar auga. Era o dereito a alimentación.








Ata aprendimos unha haka.

No hay comentarios:

Publicar un comentario