domingo, 8 de octubre de 2017

TEMOS NOVIDADES!!!

Durante os primeiros días nos ambientes xogabamos libremente para afacernos pero agora xa temos diferentes propostas que realizar en cada un.
No ambiente da natureza e experimentación tivemos que apañarnos para pescar cuns palillos esponxas e cortizas.





Entre nós  axudámosnos para colocar os mandilóns.

Tamén na zona da area temos varios recipentes e coladores para seguir experimentando.







E como ás veces  emocionámosnos e tiramos area temos que recollela



Na zona da mesa de luz temos cristais de cores, formas xeométricas de cores e follas de outono. Mirade como xogamos con elas.







Tamén estamos recolectando sementes, nesta ocasión son de eneldo e de pemento.



















Neste ambiente podemos xogar cos puzzles,


co Miniarco e o Tangram



Coas pedriñas



facer simetrías no espello

coa balanza


e mirar polo caleidoscopio

No hay comentarios:

Publicar un comentario