lunes, 27 de mayo de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Antonio Fraguas Fraguas. 

Para celebrar ese día organizamos dúas instalacións, unha na entrada onde se fai referencia aos homenaxeados e especialmente as homenaxeadas. 

Na instalación temos unha estantería con libros de varios dos autores aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas e nun lateral anotamos os seus nomes e o ano no que foron homenaxeados.
















A outra instalación a realizamos no carballo do Centenario. Neste caso adornamos o seu tronco e logo colgáronse os chíos de amor pola lingua que se recolleron na Candeloria.















Outra das actividades que realizamos para festexar o Día das Letras Galegas foi a representación da nosa versión do Casamento do Piollo e a Mosca que Antonio Fraguas recolleu no Cantigueiro de Cotobade.












No hay comentarios:

Publicar un comentario