lunes, 25 de junio de 2018

AS EIRUGAS

Coa chegada da primavera o ambiente da natureza non parou de ter actividade. Despois das plantas chegaron as eirugas.
Duns pequenos ovos sairon unhas diminutas eirugas.
Eran tan pequenas que para velas era necesario usar a lupa.



As eirugas só comen follas de moreira e grazas a ela de camiño van crecendo.

Os coidados básicos son mantelas limpas, cambiándolles as follas secas e limpándolle as cacas todos os días, e poñer follas frescas de moreira.





Co paso dos días a gran maioria dos ovos eclosionaron e saíronnos moitísimas eirugas.

Seguimos dándolles de comer e van incrementando o seu tamaño. 


Non fan outra cousa que comer, comer e comer.



Temos que estar moi atentos cando están quietas e coa cabeza levantada xa que eso indica que van a mudar de pel para seguir crecendo.

Cando son así de grandes xa as podemos coller con moito coidado xa que son moi delicadas. É algo que ao principio danos algo de reparo pero logo non paramos de collelas.










 Canto máis crecen máis comen ata que chega o momento de elaborar a crisalide. Fixádevos ben no seguinte video e poderedes ver a eiruga dentro do casulo.


Buscan as esquinas da caixa para facelo.





Fomos quitando os casulos para esperar que se produza a metamorfose e saian as bolboretas.
 

Como este ano a primavera foi bastante fría os ovos eclosionaron máis tarde e non nos deu tempo de ver as bolboretas pero como as profes ainda van ao cole cando chegaron hoxe atoparon unha cantas e sacáronlles estas fotos.

Agora poñerán ovos e esperaremos á proxima primavera para ver o seu ciclo vital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario